Fados
Os rostros dos amigos son máis fermosos a lus dunha vela encarnada.
Vermello e tamén o caravel no frasco reciclado (auga tintada de verde) e o hule sobre a mesa onde compartimos uns cafés e uns pitos.
Iria deléitanos ca súa voz, Gastón e Miguel aos instrumentos, e nos non falamos apenas; non é preciso.
Non, mellor pechar os ollos e deixarse levar pola dozura.
Hai intres que paga a pena vivilos.
Poñamos (por poñer) que onte anoite no Dublín. A media lus coa choiva a contrapunto repicando na xanela.
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://eledhwen.blogalia.com//trackbacks/9871
Comentarios