Estudiantes da
E.O.I. da Coruña, facendo uso do noso dereito a liberdade de expresión, declaramos:
- QUE a invasión a Iraq está sendo un xenocidio que ten como fin último a hexemonía xeo-política da zona e o roubo das riquezas que este país atesoura.
- QUE a palabra, a razón e o dereito han de ser os únicos instrumentos posibles para solucionar os conflictos.
- QUE como cidadáns sentímonos orgullosos de formar parte das grandes manifestacións que ,dende todos os puntos do noso país berran ¡NON Á GUERRA! ou ¡NIN UNHA GOTA DE SANGUE POR PETRÓLEO!
- QUE o goberno do PP perdeu a representatividade ao actuar á marxe do 90% da opinión pública española que está posicionada, claramente unha e outra vez, contra a guerra de Iraq.
- E QUE o goberno do PP apoiando política e loxísticamente esta guerra colócase fora da legalidade internacional e da Constitución Española.
ESTUDIANTES DE MOITAS DAS LINGUAS QUE SE FALAN NO MUNDO, ESIXIMOS:
A DIMISIÓN DO GOBERNO ESPAÑOL E A CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS ANTICIPADAS, Así COMO QUE BUSH, BLAIR E AZNAR SEXAN JULGADOS ANTE O TRIBUNAL PENAL INTERNACIONAL.
PORQUE TODOS SOMOS O POBO IRAQUÍ
Abril 2003