< | Diciembre 2024 | |||||
Lu | Ma | Mi | Ju | Vi | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
Ola a todos e todas!
Poñémonos en contacto convosco para vos informar de que a Plataforma Contra a Burla Negra acaba de lanzar o Foro Negro, unha iniciativa destinada a sondear a situación da cultura galega, un ano despois da traxedia do Prestige, e promover un debate social sobre o seu futuro. O Foro ten tamén por obxectivo propoñer a todos os axentes culturais comprometidos na protesta civil un debate sobre o futuro da Plataforma contra a Burla Negra e sobre a necesidade ou non de transformala nun novo tipo de organización que poda servir aos intereses da cultura real en Galiza máis alá do ámbito da denuncia.
En poucas palabras, preténdese crear un espacio de encontro e reflexión no que definir o papel da cultura como axente transformador da realidade social en
Galiza. Por esta razón queremos convidarvos a todos e todas a participar e colaborar no proxecto. Toda a información está á vosa disposición na web do foro,
aloxada na páxina de Burla Negra, con enlace directo desde Vieiros ou tamén directamente neste enderezo:
http://burlanegra.vieiros.com/foronegro
Dentro da páxina hai varios foros organizados temáticamente onde iremos publicando as vosas opinións e achegas ao debate. Ti tamén podes participar... anímate!
Forza e saúde.
Contra a Burla Negra
Nunca Máis.
URL de trackback de esta historia http://eledhwen.blogalia.com//trackbacks/13404